Características
As principais características deste proceso serán:
DE ABAIXO PARA ARRIBA
Iniciarase nas bases do BNG e, coas súas achegas, irase perfilando na dirección da fronte, para rematar novamente sometido á consideración das bases do nacionalismo.
PARTICIPATIVO E ABERTO
Poderán participar tanto militantes coma simpatizantes do BNG, así como outros partidos, colectivos e persoas nacionalistas.
PROCESO DEMOCRÁTICO
O conxunto da militancia terá a primeira e a última palabra.
CONSENSO
Buscaranse puntos de encontro e consensos firmes e duradeiros no tempo, sobre aspectos básicos da liña política e organizativa do nacionalismo galego para as vindeiras décadas.
TRANSPARENCIA
Serán públicos os resultados de todas as votacións locais, comarcais e nacionais, a totalidade das achegas recibidas, así como as principais conclusións de cada unha das fases do proceso.
ACOUTADO NO TEMPO
Este proceso inciase no primeiro Consello Nacional após a XV Asemblea Nacional do BNG e terá que ter finalizado antes de marzo 2017.