Metodoloxía

O organismo encargado de deseñar e facer seguimento a este proceso será o Consello Nacional do BNG, con independencia de que poida designar unha Comisión de Traballo específica para executar os acordos deste organismo ao respecto.

O proceso Adiante non será un debate convencional nin a metodoloxía a empregar será a habitual. Compaxinaranse mesas sectoriais, achegas individuais, discusións en asembleas abertas, comisións, grupos de traballo específicos, acompañadas con novos procedementos telemáticos de discusión e toma de decisións. O proceso no territorio desenvolverase fundamentalmente a través da realización de Asembleas Locais Abertas en detrimento de Asembleas de carácter comarcal. A fase final realizarase a través dun sistema de relatorios e emendas, mediante o cal se someterán a debate e votación as propostas de resolución deste proceso no marco dunha Asemblea Nacional.

Calquera persoa interesada, militante ou non, poderá solicitar a inclusión en calquera destas comisións, así como propor a incorporación doutras persoas, traballos ou reflexións que estimar oportunas.