Obxectivo

O proceso Adiante ten un dobre obxectivo. Por unha banda, iniciar, desenvolver e culminar o debate sobre a refundación do nacionalismo galego aprobado na XV Asemblea Nacional do BNG baixo a premisa de reactivar, reactualizar, reforzar e relanzar o proxecto nacionalista en Galiza. Por outra, que o proceso, ademais dun medio, sexa un fin en si propio que serva para dinamizar o funcionamento interno do BNG, motivar, reconectar e reilusionar o conxunto da militancia e poder incorporar homes e mulleres que, sen militaren na organización, comparten connosco a necesidade de que exista na Galiza unha expresión política propia nacionalista. Ademais debe ser unha oportunidade para demostrar -unha vez máis- que o BNG non ten parangón en termos de pluralidade de ideas, debate interno, asemblearismo e funcionamento democrático.